Peche RE-MAR II

Miércoles, 15 Diciembre 2021

O día 15 de decembro ás 18 h tivo lugar no Centro Social de Cabo de Cruz a xornada final do proxecto Remar II "Custodia Ambiental para a Redución de Residuos no Espazo Mariño Protexido das Rías Baixas". O proxecto impulsado por AMICOS, xunto co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, desenvólvese coa colaboración da Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Programa Pleamar, co financiado polo FEMP.

Esta xornada tivo como obxectivo presentar os resultados do proxecto REMAR II alcanzados grazas á participación de todas as persoas da contorna das Rías Baixas, principalmente pescadores e pescadoras, institucións educativas e clubes náuticos.

O acto estivo guiado por Carolina Castro, en representación das persoas que forman Amicos. Proxectouse un vídeo en formato ‘storytelling’ no que participaron representantes das confrarías de Cabo de Cruz, Carreira e Aguiño, así como José Antonio Fernández, Director Xeral do Parque Nacional das Illas Atlánticas e a Fundacion Biodiversidad representada por Javier Remiro.

Alfonso Pérez, Adriana Miguens e Manuel Prado, en representación dos integrantes de Amicos, explicaron os resultados do proxecto e establecéronse os novos desafíos que esperan de cara a REMAR III.

A xornada tamén acolleu un coloquio con entidades e organización colaboradoras durante a traxectoria de REMAR. Guiado por Xoan España, Director Xeral de Amicos, no coloquio participou José Ramón Romero, Alcalde de Boiro; que destacou a importancia da que “este proxecto teña continuidade no tempo para poder seguir coidando do noso medio”.

Tamén estiveron presentes, Raúl Treus, Concelleiro de Servicios Sociais e Medio Ambiente de Boiro; Ana Isabel Barreiro Rego, Concelleira delegada de Servicios Sociais, Promoción Social, Igualdade e Diversidade de Ribeira; Juana María Brión Santamaría, Concelleira delegada de Educación, Administración, Innovación Tecnolóxica e Transparencia, Atención e Participación Cidadá de Ribeira; Estefanía Ramos Olveira, Concelleira de Servicios Municipais, Benestar Animal e Persoal da Pobra do Caramiñal e Patricia Lojo Nine, Concelleira da Cultura, Sanidade e Relacións Institucionais da Pobra do Caramiñal, entre outros.

O peche de RE-MAR II contou con representantes das Confrarías de Cabo de Cruz, Rianxo, Carreira e Aguiño e Illa de Arousa. Por outra parte, Rosa María Carballo Martínez, Representante do GALP Ría de Arousa, dixo que “o coidado do medioambiente tense que facer de forma colectiva”.

https://fb.watch/9Ymd63YwJe/