Na Illa de Sálvora desenvolven un proxecto para manter limpo o medio ambiente

Miércoles, 16 Mayo 2018
Limpieza de basuras marinas en Sálvora

Concienciar as novas xeracións sobre a problemática do lixo mariño ao mesmo tempo que axudan a manter limpo o medio ambiente. Na illa de Sálvora desenvolveuse este proxecto en que participaron voluntarios de tres centros formativos.

Manter os nosos espazos naturais libres de lixos mariños e microplásticos. Con esta premisa púxose en marcha este proxecto na Illa de Sálvora, no que colaboraron tres centros: o colectivo Amicos, o grupo ICEMAR e os alumnos do Centro de Capacitación Forestal de Lourizán. Unha actividade que permitiu sensibilizar as novas xeracións.

Os labores de limpeza leváronse a cabo en tres das súas praias e nos arredores do faro. O lixo que recollían era clasificado posteriormente.

Este traballo de limpeza completarase co que xa realizan os propios pescadores da confraría de Aguiño.