Reducir o consumo de plástico e cuestionar o hábito de usar e tirar empeza na casa

Domingo, 17 Junio 2018
Red para la conservación de los ecosistemas marinos en el PNMTIAG

Cando marchamos da praia está nas nosas mans deixar os areais limpos de residuos. Cada ano acaban no mar oito toneladas de plástico, segundo estudos recentes que reclaman da comunidade internacional medidas urxentes.En Galicia, biólogos e pescadores traballan xuntos na Illa de Salvora para sensibilizar a sociedade dun problema que é evitable.

Unha botella de auga estará nas nosas mans só uns minutos pero se a esquecemos na praia a súa degradación será moi lenta. Calcúlase que cada ano vertemos ao mar oito millóns de toneladas de plásticos. que se descompoñen en pequenas partículas que comen os peixes e que finalmente chegarán ao noso prato.

Para atallar o problema o Colexio de Biólogos de Galicia e o Parque Nacional das Illas Atlánticas traballan nun proxecto para localizar os puntos nos que se acumulan os residuos no fondo do mar e así poder eliminalos. Comezaron na Illa de Salvora e alí participan os pescadores da confraría de Aguiño.Advirten que reducir o consumo de plástico e cuestionar a hábito de usar e tirar empeza na casa e por un mesmo.